Thursday 18 de April de 2024

O alcalde utiliza o paso de peóns do Couto con fins electorais


Négase a asumir o traspaso do tramo en cuestión, así como a solicitar aos seus enxeñeiros un contrainforme sobre a viabilidade do mesmo.

No pasado pleno aprobouse por unanimidade unha moción para solicitar da Xunta que aborde a realización do paso de peóns do Couto. Segundo dicíase no texto da mesma, o número de vivendas contabilizadas polo ente autonómico, para posibilitar a cualificación do tramo como travesía e con iso cambio de normativa aplicable – o que daría luz verde ao paso de peóns -é inferior ao realmente existente. Exactamente o mesmo argumento que sostivo o alcalde durante a sesión.

En todo caso, o Partido Popular de Oleiros e o seu grupo municipal, non están en condicións de  ditaminar se isto é así ou non, porque sobre o asunto conflúen unha serie de cuestións técnicas que se lles escapan. Aínda así, o Grupo Municipal Popular aprobou dita moción na intención de que os técnicos de Infraestruturas fagan un novo reconto.

Anteriormente, nunha entrevista previa ao pleno entre representantes do Partido Popular e dos afectados, suxeríuselles a estes que, para facer valer o argumento desa diferenza de edificacións con saída ao vial, era necesario que os propios enxeñeiros municipais ou calquera outro técnico, elaborarse o correspondente informe que así o acreditase.

O Partido Popular a través do seu Grupo Municipal xa suxerira nun pasado pleno esta posibilidade e, igualmente que, neste último, foi rexeitada.

Doutra banda, hai meses que a Consellería de Infraestruturas ofreceu ao Concello a cesión do devandito tramo -gran parte dese vial xa é de competencia municipal- comprometéndose a entregalo en perfecto estado e co paso de peóns executado.

Pero a García Seoane tampouco lle valeu esta solución pois os futuros custos de mantemento do citado tramo os que tería que asumir o Concello.
” Os custos de mantemento do devandito tramo, argumento de mal pagador, anualmente non superarían de ningún modo o que custa unha das catro edicións anuais do Vivir en Oleiros.

Para publicidade e propaganda si que hai diñeiro”
Seoane ademais aproveitou o Pleno, ao ter aos seus amanuenses na sala, para arremeter contra o Partido Popular e os seus representantes demostrando, unha vez máis, o pouco ou nada que lle importa o asunto de fondo.
“A súa arrogancia é tal que fará que a instalación dese paso de peóns siga demorándose notempo. Aos técnicos só pódense convencer con informes técnicos en sentido contrario e ningún vai asinar, como dixo que se facía no Concello de Oleiros, á orde dun responsable político. Segue confundindo Oleiros coa Habana”

Por último, habería que preguntarse por que García Seoane non quere pedir ese informe aos seus técnicos. Será porque non llo asinarían coa actual cualificación do vial?